A nosa empresa
En 1.978 constitúese formalmente a nosa sociedade DICSA, definíndose como empresa dedicada á decoración, instalacións e construción.
Non obstante, este feito podería considerarse como o inicio dunha nova etapa xa, que para comprender a verdadeira orixe das nosas actividades, habería que remontarse a 1.928, ano en que nace "J. RAMÍREZ CASALDERREY Taller de carpintaría" que agrupa a un puñado de excelentes artesáns na transformación e aplicación da madeira.
En 1.961 e baixo a dirección de J. Ramírez Piñeiro amplíase o seu campo de actuación dentro do sector construtivo, o que esixe unha maior mecanización e a aplicación de novas tecnoloxías, para atender a este sector cada vez máis diversificado e sofisticado. A consolidación como empresa de servizo integral para a construción, é xa un feito.
Co obxectivo de crear unha nova e máis dinámica organización acométese unha profunda reestruturación de DICSA que dá lugar á creación do Grupo J.R.U. Nel cada unha das liñas estratéxicas de negocio desenvólvese a través de empresas altamente especializadas, o que permite proporcionar unha resposta máis áxil e eficaz.
A actividade de Decoración e Reformas de oficinas bancarias pasan a ser desenvolvidas por DICSA Madrid, S.L. , a Promoción Inmobiliaria por Planin, quedando a Construción e Restauración a cargo de DICSA.
Así a nosa empresa, sen perder esa tradición artesanal que nos segue caracterizando por achegar solucións orixinais e únicas para cada problema, desdóbrase en tres grandes especialidades para dar resposta, con profesionalidade e eficacia a cada tipo de obra e até o último detalle.
Juan Ramírez Ucha.









