Política de Accesibilidade Web
O sitio de DICSA foi desenvolvido utilizando as recomendacións XHTML 1.0 para o desenvolvemento web con marcado semántico e estruturado do W3C.
Así mesmo para o deseño e desenvolvemento da aparencia dos contidos tamén se recorreu ás recomendacións do W3C acudindo ao uso das Cascading Style Sheets CSS2.
DICSA no seu compromiso por favorece-la integración das persoas con discapacidade, incluíndo a persoas con minusvalías físicas ou cognitivas, e independentemente dos dispositivos tecnolóxicos empregados para acceder á información, traballou conforme as Directrices de Accesibilidade definidas polo grupo de traballo permanente Web Accessibility Initiative (WAI), do Consorcio para a World Wide Web (W3C), no seu nivel AA.
Para coñecer como afectan estes estándares á accesibilidade dun sitio web podes ler
Dive Into Accessibility, un excelente recurso que explica con exemplos como axudan estas directrices
a un conxunto de usuarios con limitacións á hora de navegar pola web.
Entre as principais medidas adoptadas para garantir a accesibilidade, atópanse as seguintes:
- Tamaño do texto. As fontes utilizadas teñen dimensións relativas, de forma que o usuario pode controlar o seu tamaño desde o navegador que estea a utilizar.
- Deseño, navegación e interactividade. Tratouse de conseguir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas.
Ligazóns
A maioría das ligazóns cuxo texto non describe completamente o destino teñen atributos title cunha aclaración. Cando é posible, as ligazóns escríbense de forma que teñan sentido fóra de contexto.
Algúns navegadores (tales como JAWS, Home page Reader, Lynx, e Opera) poden extraer a lista de ligazóns da páxina actual e permitir ao usuario navegar desde esta lista. Tendo isto en conta as ligazóns non están duplicados e si estano é porque acceden ao mesmo contido.
Non hai pseudo-ligazóns javascript: Toda-las ligazóns poden seguirse en calquera navegador, mesmo si javascript está deshabilitado.
Ningunha ligazón interna ábrese en xanela aparte. As ligazóns externas si o fan e aparecen marcados da seguinte forma:
Páxina de exemplo
